Un novo informe da fundación de innovación británica Nesta e da Universidade de Oxford, identificou as principais habilidades que se requirirán en 2030: 1) Xuízo crítico e toma de decisións: considerando custos e beneficios relativos das posibles accións para elixir a máis apropiada. 2) Fluidez de ideas: capacidade de expor multiciplidade de ideas sobre un tema. 3) Aprendizaxe activa: estratexias de aprendizaxe, seleccionar e usar métodos e procedementos de capacitación/instrución apropiados para a situación ao aprender ou ensinar cousas novas. 4) Estratexias de aprendizaxe: comprender as implicacións dunha nova información para a resolución de problemas e a toma de decisións actual e futura. 5) Orixinalidade: capacidade de presentar ideas inusuais ou intelixentes sobre un tema ou situación determinada, ou desenvolver formas creativas para resolver un problema.
Enlace orixinal: Principais habilidades que se requerirán nos traballos no ano 2030 (en inglés)