Na futura industria, marcada pola existencia de frotas de vehículos autónomos e compartidos, os grandes provedores, fabricantes e distribuidores ubicados en EEUU e na UE, verán como a porción dos beneficios que lles corresponde, dentro da industria, reducirase significativamente en comparación ao actual modelo de vehículos en propiedade e con condutor. Como consecuencia, os mercados de automoción nestas dúas grandes rexións pasarán por un importante proceso de consolidación.
En 2030 estímase que máis do 37% dos quilómetros percorridos sexan por vehículos compartidos e autónomos. E espérase que todo o mercado de mobilidade compartida no mundo, tanto de frotas de vehículos como de vehículos individuais, teña o mesmo valor que o mercado mundial de comercio electrónico na actualidade. Estamos a falar dun mercado moi competitivo, no que ademais dos grandes provedores e fabricantes, van estar presentes outros actores, como compañías tecnolóxicas, eléctricas, loxísticas, concellos, ...
Enlace orixinal: Unha industria do automóvil en proceso de reinvención