Estudo para a detección e análise de oportunidades sectoriais para as empresas industriais galegas no ámbito da Industria 4.0. Realizado pola Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (Atiga) e os centros que constitúen esta asociación: Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos da Pesca (ANFACO-CECOPESCA), Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN), Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG), Centro Tecnológico de Telecomunicaciones de Galicia (GRADIANT), Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética (ENERGYLAB) e Instituto Tecnológico de Galicia (ITG).
O estudo ten como obxectivo fundamental a realización dun diagnóstico do nivel tecnolóxico actual nos dez sectores industriais considerados como estratéxicos en Galicia polos distintos plans de referencia públicos en base ao seu peso na economía galega en termos de PIB - Aeronáutica, Agroalimentación e Bio, Automoción, Enerxías Renovables, Madeira/Forestal, Metalmecánico, Naval, Pedra Natural, Téxtil/Moda, TIC -, identificando oportunidades de mellora no curto e medio prazo, e permitindo así ás administracións adecuar as súas políticas públicas ás necesidades de empresas e sectores.