O catálogo constitúe unha boa base de partida para difundir o coñecemento sobre as principais actividades (non só ?servizos? en sentido estrito) que levan a cabo os clusters galegos, o cal pode ser de gran utilidade para a futura adaptación dun determinado servizo por parte do resto dos clusters, especialmente dos constituídos máis recentemente.
E é que, dentro do presente documento, trátase de facilitar unha primeira visión sobre os seguintes contidos:
- Catálogo de servizos dos clusters galegos: a través dunha matriz de dobre entrada onde aparecen por filas os clusters e por columnas os diferentes tipos de servizos, actividades, iniciativas ou proxectos desenvolvidos en cada caso.
- Boas prácticas: selección efectuada polos propios clusters daqueles servizos que poderían ter a catalogación de mellor práctica dentro do conxunto de actividades que desenvolven. A determinación como boa práctica é a nivel relativo, é dicir, cada cluster identificou os que considera mellores dentro dos ofrecidos en por se mesmo e non en comparación co resto. Posteriormente, descríbese de maneira sintética cada unha das boas prácticas identificadas.
- Exemplos de servizos de pago: dado que constitúe aínda unha excepción, móstranse uns exemplos de iniciativas polas que algúns clusters obteñen ingresos directamente da venda dun produto ou da prestación dun servizo aos seus asociados.