Venres, 13 Outubro 2017 11:57

Piloto 4.0 2016 en sector aserrado da madeira

O sector do aserrado de madeira sólida en Galicia caracterízase por un elevado volume de actividade e unha importante fragmentación das instalacións. Esta situación condiciona dificultades para lograr economías de escala que facilite a modernización do sector mediante a incorporación de ferramentas de alta produción cuxa amortización require dun elevado número de rotacións. 

logo Garcia Rocha

Hermanos García Rocha, S.L. dispón dunha superficie de 20.000m2 na localidade de Oza dos Ríos, cunhas instalacións cubertas de 5.500m2, divididos en dous departamentos de primeira transformación e segunda transformación.

No ano 2016, co apoio do Igape e dentro do proxecto piloto de implantación de Industria 4.0, liderado polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, abordan un proxecto de automatización, no que se adquire nova maquinaria dotada de sensores e actuadores mecatrónicos para a consecución dun proceso de aserrado no que as fases están separadas e optimizadas. O proxecto supuxo unha transición desde un "aserrado tecnificado" a outro "aserrado completamente automatizado". Para iso as operacións que precisaban de persoas traballadoras concentráronse ao máximo e orientáronse á produción de dúas tipoloxías de pezas susceptibles de ser transformadas de forma completamente automática.  

RESULTADOS OBTIDOS

  • Aumento de produtividade (multiplicándoa por dúas) ao reducir os procesos manuais a mínimos e incorporar ferramentas de alta produción.
  • Mellora de rendementos (máis volume de produto final a partir do mesmo volume de materia prima consumido) mediante o reaserrado automatizado.
  • Ademais, mellora da seguridade laboral mediante o aserrado desasistido que distancia ás persoas traballadoras con respecto ás ferramentas de corte.
  • Finalmente, mellora de competitividade a través dun modelo produtivo baseado na produción eficiente, automatizada e flexible.

LineaAserradoInteligenteGarciaRocha

Liña de aserrado intelixente de madeira grosa

ÁMBITOS 4.0 DE APLICACIÓN
Dúas liñas automatizadas de produción, unha para madeira ancha e outra para madeira grosa, nas que se incorporan os seguintes facilitadores 4.0:

  • Sensórica
  • Utilización de profilometría láser e apalpadores
  • Automatización total
  • Actuadores mecatrónicos (posicionador de serras e manipulador de material) comandados por algoritmos alimentados desde os sensores e o parte de traballo.

bannerfeder