O vindeiro 9 de Marzo, de 09:30 a 10:30 celebrarase un seminario web explicativo do servizo de profesionalización do programa ReAcciona.
O programa ReAcciona apoia ás Pemes no desenvolvemento de proxectos de mellora en ámbitos de xestión como o financeiro, produción, comercial ou de deseño estratéxico. A nova convocatoria do ReAcciona abrirase á presentación de solicitudes dende o vindeiro 5 de febreiro.
O seminario está especialmente dirixido a persoal directivo e responsables dos departamentos xestores en empresas de calquera sector de actividade (xerencia, compras, produción, finanzas etc.). Para asistir cómpre inscribirse no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou a través do teléfono 986 419 922 (ext. 2030).