Formación innovadora

portada do libro A innovación está presente na formación a través de novos modelos que prentenden ter un maior éxito a través de experiencias formativas que buscan dar resposta a novos perfís profesionais ou a novas situacións onde podemos adquirir os coñecementos a través de competencias e non a través de modelos tradicionais.

Neste libro exporanse diversos modelos innovadores en materia de formación así como a revolución da formación on-line en materia de habilidades.

O autor

Juan Carlos González González é Subdirector de Programas Formativos en Administración Local do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e Director das Xornadas de formación e e-learning nas Administracións Públicas. Anteriormente, dirixiu a Escola de Administración Pública de Castela e León e foi director do máster de e-learning de Bureau Veritas Bussines School. Ademais, é Speaker de Online Educa Berlín e EXPOelearning.

Maruja Gutiérrez Díaz é arquitecto urbanista especializada en novas tecnoloxías. Desde o ano 2005, foi Xefe da Unidade de Innovación e Creatividade da Comisión Europea, onde anteriormente foi Xefe da Unidade de e-learning. Así mesmo, foi Directora do Centro de Información e Documentación da área Metropolitana de Madrid. Ten unha ampla experiencia en políticas e proxectos europeos e participa regularmente en conferencias europeas de educación e novas tecnoloxías.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios