As empresas necesitan acceder á tecnoloxía e ao coñecemento para innovar, crear novos produtos e competir no mercado. As universidades, os organismos de investigación, os centros tecnolóxicos e, en ocasións, as empresas con capacidade de I+D+i (investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica) son, dalgún modo, provedores prioritarios ao ser capaces de fornecer esta transcendental materia prima.
Este libro ofrece unha serie de recomendacións prácticas para traballar con éxito con universidades e outros provedores de coñecemento no ámbito dos proxectos de I+D+i e a transferencia tecnolóxica, tratando aspectos como as vías de acceso á tecnoloxía, os mecanismos de colaboración ou os instrumentos de apoio.
O autor
Javier González Sabater é Enxeñeiro Industrial, máster en Administración de empresas e doutorando en Economía aplicada, sendo tamén consultor e formador de transferencia de tecnoloxía, director de The Transfer Institute, e investigador e emprendedor no ámbito da cooperación universidade-empresa.
Profesionalmente, traballou para diversas universidades, centros tecnolóxicos, administracións, entidades intermedias e empresas, en España, México e Chile.
Ademais, foi técnico da oficina de transferencia de tecnoloxía (OTRI) da Universidade de Alacante e da rede europea de transferencia de tecnoloxía IRC Network (actualmente, Europe Enterprise Network).