Mercado Alternativo Bursátil

Mercado-alternativo-bolsistaOs mercados de valores son o ámbito natural no que calquera transacción financeira e empresarial ten lugar. Mesmo en conxunturas económicas difíciles.

Que as compañías de menor dimensión poidan optar ás virtudes de ser cotizadas (dispor dunha nova vía de financiamento, dunha valoración continua, dun mecanismo de liquidez para os seus accionistas, dunha supervisión exhaustiva e dunha notoriedade que doutro xeito dificilmente alcanzarían), é unha posibilidade que o Mercado Alternativo Bolsista puxo en marcha en España dende o ano 2008, e que está chamado a seguir incorporando cada vez máis compañías, as cales comparten a innovación como característica que alimenta as súas perspectivas de crecemento no futuro.

O autor

David Carro Meana é Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Tras ser profesor titular do Instituto BME, traballou en varios family office e como asesor na xestión dalgunhas das carteiras máis importantes de España. Formou parte dos grupos de traballo do novo segmento de MAB para Empresas en Expansión e é Socio Fundador e Director Xeral de DCM Asesores, Asesor Rexistrado do Mercado Alternativo Bolsista.

Paula Veloso Pereira é Licenciada en Dirección e Administración de Empresas. Colaboradora habitual en diversas publicacións e artigos de ámbito económico e financeiro, actualmente forma parte do equipo de DCM Asesores, Asesor Rexistrado do Mercado Alternativo Bolsista, como Asesora Financeira. Participou nalgunhas das primeiras operacións de saídas ao MAB no noso país.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios