A empresa conectada

A-empresa-conectadaAs relacións interpersoais son a garantía da supervivencia do individuo dende o principio dos tempos, pero nunca como agora foron tan intensas e numerosas. A irrupción da Internet nas sociedades máis desenvolvidas e o seu xeneralizado uso dende dispositivos móbiles, potenciou múltiples aplicacións sociais e económicas. O individuo é suxeito protagonista dende un dobre papel, como cidadán e como cliente, xa que as empresas desenvolven unha actividade crecente en todas estas interaccións.

Neste libro, móstrase ao lector cal é ese novo contorno e como pode desenvolver unha estratexia para lograr os seus obxectivos dende dentro e dende fóra da empresa, pero sempre interactuando con ela, guiándoo na xestión da relación entre ambos, na procura de emprego ou na xeración de valor dende o seu posto de traballo. En definitiva, unha guía para conectarse sen enredarse.

O autor

David Ruiz Uceta é sociólogo industrial vinculado ao sector das novas tecnoloxías dende o inicio da súa carreira profesional, desenvolvendo nos seus primeiros anos de actividade un modelo global de rede de centros de desenvolvemento de software que o involucrou en múltiples proxectos de I+D+i. Actualmente, é socio fundador de SmartUp, cabeceira dun grupo de empresas de marketing on-line con filiais no Perú e as Filipinas e actividade en oito países, e de Smart Capital, think tank para a promoción de novas start-ups.

Ademais de participar en start-ups de sectores moi diversos, é profesor de posgrao da Escola Europea de Negocios e da Universidade Pontificia de Salamanca, así como relator en temas relacionados coa adopción das novas tecnoloxías en diferentes contornos sociais e profesionais.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios