A Internet dos obxectos non só supón un avance no uso da rede, senón que o seu desenvolvemento terá un grande impacto a nivel social xa que a maioría das súas aplicacións teñen consecuencias directas na vida das persoas, cambiando de forma significativa moitos dos nosos actos cotiáns. Podemos dicir que, nun futuro próximo, a nosa sociedade se enfrontará a unha revolución similar, ou incluso maior, á acontecida coa aparición da Internet.
Este libro trata de axudar ao lector a formar unha idea sobre o que é a Internet dos obxectos, concepto que está fortemente ligado a moitos elementos de innovación tecnolóxica que se introducen de maneira sinxela ao longo da lectura desta obra.
Os autores
Juan Manuel Cueva Lovelle é Catedrático da Escola Universitaria de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade de Oviedo. Actualmente é coordinador do laboratorio de investigación de Tecnoloxías Orientadas a Obxectos.
Jordán Pascual Espada é Enxeñeiro Informático e Máster en Enxeñería Web pola Universidade de Oviedo. É creador de varias aplicacións software para as plataformas móbiles Android e iPhone.
Óscar Sanjuán Martínez é Enxeñeiro e Doutor pola Universidade Pontificia de Salamanca. Actualmente desenvolve a súa investigación no campo dos sistemas intelixentes.
B. Cristina Pelayo García-Bustelo é Enxeñeira Informática e Doutora pola Universidade de Oviedo. Pertence ao grupo de investigación do Laboratorio de Tecnoloxías Orientadas a Obxectos (OOTLab).