A Web Semántica

Web-SemanticaO obxectivo da Web Semántica é mellorar a web actual permitindo que os datos publicados sexan procesados e reutilizados en diferentes contextos de forma automática. Actualmente, é unha disciplina consolidada que está adquirindo cada vez maior protagonismo. As empresas que saiban reaccionar a tempo orientando a súa estratexia para a publicación e consumo de datos semánticos ganarán vantaxes competitivas na web do futuro.

Neste libro preténdese dar una visión clara e práctica de que é a Web Semántica e para que serve. Utilízase un enfoque orientado a todo tipo de persoas: espérase que un lector sen coñecementos técnicos sexa capaz de comprender os termos que se introducen, á par que un lector máis especializado poida comprender as motivacións que se desprenden das diferentes tecnoloxías.

O autor

Jose Emilio Labra Gayo é Doutor Enxeñeiro en Informática e director da Escola de Enxeñería Informática da Universidade de Oviedo. Colaborou na creación do Máster de Enxeñería Web da mesma universidade e convídano regularmente como docente do Máster en Tecnoloxías da Información da Universidade Técnica Federico Santa María en Chile. Impartiu cursos sobre tecnoloxías web e Web Semántica en numerosas empresas e organizacións.

É membro de diversos comités científicos como a International Conference on Web Engineering, a European Conference on Semantic Web, as Xornadas sobre Servizos Web ou o ACM Technical Symposium on Computer Science Education. Dende o ano 2004 liderou o equipo de investigación WESO (Web Semántica Oviedo).

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios