Open Data

Open-DataNo mundo empresarial onde "globalización" é unha das palabras máis escoitadas, a empresa enfróntase a retos nos que aparecen novos mercados, novas oportunidades e, ao mesmo tempo, novos axentes que compiten directamente entre eles. Por iso, dende o punto de vista da información, perdeu peso o valor da súa posesión fronte a dispoñer de acceso á mesma. O motivo é simple, o volume desta información é tan inxente e cambia a tal velocidade que só o seu produtor pode mantela, actualizala e garantir a súa validez.

O autor

Carlos Pintos é actualmente coordinador de proxectos na Entidade Pública Empresarial Red.es adscrita á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información. Enxeñeiro Informático con perfil de especialización en Enxeñería do Software colaborou en multitude de proxectos innovadores relacionados con novas tecnoloxías en distintas áreas de negocio.

Con máis de 15 anos de experiencia profesional, desempeñou cargos relevantes tanto no sector público como na empresa privada. Ao longo da súa traxectoria prestou os seus servizos profesionais en distintas empresas entre as que se encontra Accenture, Eresmas Interactiva, a Biblioteca Nacional Española, Entel e Red.es, onde actualmente desenvolve proxectos de impulso ao desenvolvemento da Sociedade da Información en España.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios