Benvidos ao espazo web do PROGRAMA Reforma-Tur 19 para adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia.
Os establecementos hoteleiros poden solicitar a axuda Reforma-Tur ata o 31 de maio de 2019 (ampliado).
Se vostede representa a un establecemento de venda de materiais subvencionables interesado en ser entidade colaboradora, debe adherirse canto antes: o prazo é entre o 29 de xaneiro de 2019 e o 30 de abril (ampliado) de 2019. Pulse aquí para máis información.
¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA-TUR?
Son axudas do IGAPE a hoteis, albergues e casas de turismo rural para realizar reformas, tramitadas directamente polos establecementos de venta de material e complementadas con descontos directos na factura, que se traducen nun aforro do 50% na adquisición dos bens subvencionables.
Beneficiarios :
a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 habitacións*, definidos no Capítulo II, artigo 4 (concepto de hoteis), artigo 6 (concepto de hoteis balneario) e artigo 7 (hotel talaso) do Decreto 57/2016.
b) Os establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004 situados no Camiño de Santiago.
c) Os albergues privados situados no Camiño de Santiago.
Os establecementos deben estar autorizados ou clasificados conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT), cunha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a cinco anos á data de publicación da convocatoria de axuda.
Os bens obxecto de axuda para rehabilitación e reforma son:
- Materiais para rehabilitación de envolventes: fachadas, cubertas, porches, etc.
- Materiais e mobiliario suxeito a instalación de fixación, para a reforma de interiores e exteriores, cuartos de baño e cociñas.
- Sistemas de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
- Sistemas de iluminación
- Sistemas domóticos
(Os bens obxecto de axuda deberán ser empregados na reforma mediante instalacións fixas e constituír un compoñente da obra a realizar. Non se subvencionarán elementos non fixos.)
As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido. O prazo para solicitar as axudas é do 28 de febreiro ata o 31 de maio de 2019. Pode consultar nesta páxina os establecementos adheridos.
A axuda do IGAPE é dun 25% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 25.000 €). Adicionalmente o establecemento de venta que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.
A compra mínima é de 10.000 euros (sen impostos) antes do desconto. A subvención máxima por establecemento hoteleiro é de 25.000 €.
Se vostede é o titular dun hotel, albergue ou casa de turismo rural interesado en adquirir materiais, o seu interlocutor será un establecemento de venda que colabore co IGAPE na tramitación do Programa, que estarán debidamente identificados mediante o cartel "Establecemento Adherido".
Información de interese:
- Presentación do programa.
- Enderezo do programa: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
- Ver ficha na base de axudas
- Establecementos de venda de materiais adheridos ao programa
- Bases reguladoras (DOG) e ampliación de prazo.
- Hoteis, albergues e casas de turismo rural que poden ser beneficiarios
* NOTA: a convocatoria de axudas contía un erro polo que se restrinxían as axudas a hoteis de 40 prazas. Publicouse unha corrección de erros no DOG de 26/2/2019 para aclarar que se refire a 40 habitacións.