Proxectos Piloto fábrica 4.0

Aberta a nova edición 2017

O obxecto destas bases é a regulación da concesión de premios a un máximo de seis proxectos que inclúan no seu desenvolvemento a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nun grupo de pemes, así como das axudas á devandita implantación para cada peme participante en cada un dos proxectos (máxima intensidade de axuda, ata 1 M€ de axuda por proxecto).

Proxectos ganadores da edición 2016 dos Premios e Axudas a Proxectos Piloto fábrica 4.0: consultar resolución.

 

A implantación consistirá na incorporación ás empresas de tecnoloxías especiais relacionadas coa Fábrica do Futuro e o concepto “Industria 4.0”, segundo os termos recollidos na “Axenda de Competitividade Industrial, Galicia: Industria 4.0”

[Ver Ficha da Axuda]

[Instruccións para a presentación de solicitudes]

[¿Quere presentarse pero non sabe como formar un proxecto conxunto? ¿Busca empresas participantes no seu proxecto?]

[Preguntas habituais]

 Procedemento de presentación:

Os proxectos presentados a esta liña de axudas preséntanse mediante dous procedementos da oficina virtual do IGAPE:

  • IG223 (deberá cubrir un único cuestionario) correspondente ao proxecto conxunto, onde o organismo intermedio (OI) especifica os aspectos comúns do seu proxecto, e os participantes no mesmo.
  • IG224 (deberá cubrir tantos cuestionarios como PEMEs) correspondente a cada PEME individual, onde se indica a súa participación e o orzamento do seu subproxecto individual.

É importante ter en conta que:

  • Os cuestionarios de solicitude electrónicos poden ser cubertos por calqueira dos participantes ou por un terceiro. Pode optarse por un esquema de traballo no que o OI cubra IG223 e cada empresa cubra o seu IG224, ou ben por un esquema no que o OI se ocupa de cubrir tódolos formularios.
  • Para pechar unha solicitude individual (IG224) será necesario dispor dun código de comprobación alfanumérico co formato XXXX-NNNN (onde X é unha letra e N un número). Este código xerarase na solicitude conxunta (IG223).
  • Polo tanto, o procedemento de traballo recomendado é
  1. Crear primeiro a solicitude IG223 para obter o código alfanumérico. Deixar esta solicitude sin pechar nin presentar (en modo "borrador").
  2. A continuación, cubrir a solicitud de IG224 para tódalas PEMEs participantes. Esta tarefa pode realizala cada PEME ou o organismo intermedio. No cuestionario IG224 será necesario indicar o código alfanumérico.
  3. Revisar e pechar os cuestionarios IG224.
  4. Revisar e pechar o cuestionario IG223. Neste proceso confirmaranse os participantes e o orzamento.
  5. Presentar telemáticamente ou en papel a solicitude IG223.

 

Información pública de proxectos en preparación

1. Se vostede representa a unha empresa con un proxecto de investimento en Industria 4.0, pero non coñece ningún organismo intermedio para presentar o seu proxecto, pode  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para enviarnos un email coa información. Deste xeito, o seu proxecto aparecerá nesta páxina para que os organismos intermedios que esten preparando solicitudes poidan poñerse en contacto con vostede.

2. Se vostede representa a un organismo intermedio que está a preparar unha solicitude, póñase en contacto con nós por email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , e publicaremos a súa información nesta páxina.

Ata este momento, os seguintes proxectos notificaron ao IGAPE a súa vontade de aparecer nesta lista de información pública:

 

Título do proxecto

Descrición pública

Entidade promotora

Contacto

 

A INDUSTRIA ALIMENTARIA DO FUTURO - FOOD 4.0

 

Implantación efectiva de diferentes solucións tecnolóxicas para a mellora competitiva das PEMEs nos subsectores mais importantes da industria alimentaria e das bebidas galegas. Coa colaboración de ANFACO

 

CLUSAGA

 

CLUSAGA 981556062 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

ANFACO 986469301 

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Título do proxecto

Descrición pública

Entidade promotora

Contacto

 

 

 

 

 

Proxectos Asime 4.0

 

Asime liderará a agrupación de proxectos Industria 4.0 nas categorías sectorial, TIC e Fábrica Virtual.

Nos proxectos de Asime terán cabida todas as PEMES relacionadas dalgún xeito co sector metalúrxico.

Asime xestionará íntegramente o expediente e presentación do proxecto agrupado ata a resolución. Desta maneira asesoramos e acompañamos ás pemes en todo o proceso.

Estamos facilitando a incorporación de tecnoloxías ás empresas que no lo requiren. Facémolo por medio da presentación dos servicios de habilitadores tecnolóxicos tanto privados como de organismos públicos de invenstigación.

 

 

 

 

 

ASIME

 

 

 

 

Asime: 886 311 860 / 870

Hugo Barreiro (Coordinador de Industria 4.0 en Asime)

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

 

Preguntas máis habituais

Son unha PEME. ¿Qué teño que facer para solicitar unha axuda para o meu proxecto de adquisición de tecnoloxías industria 4.0?

Os proxectos desta liña debe presentalos un organismo intermedio (asociación, cluster ou entidade similar) que poña de acordo a un mínimo de 3 PEMEs. Se vostede non coñece ningunha entidade que estea interesada en acoller o seu proxecto, pode utilizar o procedemento descrito aquí.

 

O apoio consta de premios e axudas. ¿Como funciona isto?

De entre tódolos proxectos conxuntos presentados seleccionaranse os seis mellores segundo o baremo establecido, tendo en conta que catro premios serán sectoriais, priorizando a variedade de sectores, e outros dous serán temáticos (TIC Industrial e Fábrica Virtual). A estes seis proxectos asignaranse as seguintes axudas:

1. Premio inicial para o organismo intermedio de 5.000 €, devengarase no momento do fallo do xurado.

2. Axuda para o grupo de PEMEs participantes, por un máximo de 1.000.000 €, que se percibirá individualmente en función da execución do proxecto, e tras un proceso de xustificación e solicitude de cobro.

3. Premio para o organismo intermedio, de ata 20.000 €, que se percibirá unha vez finalizado o proxecto polas empresas, e en función do grao de execución destas.

Para máis detalle dos baremos e apoios, consultar os artigos e 6.4.b e 1 (respectivamente) das bases reguladoras.

 

¿Que ocurre se unha vez concedida a axuda unha empresa cumple e outra non?

Unha vez concedida a axuda, os expedientes tramitaranse de forma individual, de xeito que o incumprimento de condicións por parte dunha ou varias das PEMEs participantes non afectará á subvención percibida polas outras.

 

Que quere dicir que os provedores non poden estar vinculados coas empresas participantes? 

Esta vinculación debe entenderse nos termos recollidos no artigo 3.3 do Anexo I ao Regulamento (UE) 651/2014:
“3. Son «empresas vinculadas» las empresas entre las cuales existe alguna de las siguientes relaciones:
a) una empresa posee la mayoría de los derechos de voto de los accionistas o socios de otra empresa;
b) una empresa tiene derecho a nombrar o revocar a la mayoría de los miembros del órgano de administración, dirección o control de otra empresa;
c) una empresa tiene derecho a ejercer una influencia dominante sobre otra, en virtud de un contrato celebrado con ella o de una cláusula estatutaria de la segunda empresa;
d) una empresa, accionista de otra o asociada a otra, controla sola, en virtud de un acuerdo celebrado con otros accionistas o socios de la segunda empresa, la mayoría de los derechos de voto de sus accionistas o socios.
Se presumirá que no existe influencia dominante cuando los inversores enumerados en el apartado 2, párrafo segundo, no tengan implicación directa o indirecta en la gestión de la empresa en cuestión, sin perjuicio de los derechos que les correspondan en su calidad de accionistas.
Las empresas que mantengan cualquiera de las relaciones contempladas en el párrafo primero a través de otra u otras empresas, o con los inversores enumerados en el apartado 2, se considerarán también vinculadas.
Asimismo, se considerarán empresas vinculadas las que mantengan alguna de dichas relaciones a través de una persona física o un grupo de personas físicas que actúen de común acuerdo, si dichas empresas ejercen su actividad o parte de la misma en el mismo mercado de referencia o en mercados contiguos.
Se considerará «mercado contiguo» el mercado de un producto o servicio situado en una posición inmediatamente anterior o posterior a la del mercado en cuestión.”

Polo tanto, os provedores seleccionados polas empresas integrantes dos proxectos Piloto fábrica 4.0 para realizar os seus investimentos e gastos non poderán estar vinculados con elas, é dicir, non poderán ter entre si ningunha das relacións descritas nese artigo.

 

 

Compartir en redes sociais

Axudas