A pandemia COVID-19 transformou inesperadamente o escenario económico mundial e forzou un cambio na planificación e repensar as estratexias de internacionalización das empresas.
A competitividade internacional do século XXI enfróntase a un novo paradigma onde a conectividade, a intelixencia artificial e o traballo na nube, entre outras tecnoloxías, cambiaron os modelos de negocio das empresas.
Combinar a xestión en liña e fóra de liña dun xeito máis intelixente e tomar decisións estratéxicas baseadas na análise de datos, lograr omnicanalidade internacional, son grandes retos.
Co obxectivo de informar sobre as reaccións dos mercados internacionais e axudar a comprender a influencia dos novos avances dixitais no posicionamento internacional e global, o Igape ofrece ás empresas o programa "Fórmate internacional"
O programa inclúe cursos "Fórmate" con contido específico sobre as claves da internacionalización nun contexto diferente e Webinarios de actualización de mercados "Ciclo de seminarios web do país", "Ciclo BrexitGalicia".
Todo o contido é dixital e gratuíto para as empresas galegas.
Cursos:
Webinarios:
Ciclo BrexitGalicia:
Na “BIBLIOTECA DE CONTIDOS” pode atopar a versión íntegra dos webinars celebrados.
Máis información: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
26 de maio de 2018.
Con periodicidade anual e dende 2011 vense celebrando a Semana Internacional Contract Galicia co obxectivo de achegar as tendencias e oportunidades de negocio internacionais e promover a reunións e networking entre as empresas do sector e nomeados prescriptores internacionais, poñendo a Galicia no punto de encontro.
Este ano 2021 voltamos a celebrar a XI edición da Semana Internacional Contract, o evento como ven sendo habitual conta con duas partes:
Xornada Inaugural o día 25 de Outubro 2021 no Parador Costa da Morte (Muxía), edificio arquitectónico de gran singularidade, recentemente inaugurado, bo exemplo da colaboración industrial e de servizos de empresas e profesionais galegos vinculados ao Canal Contract.
Xornada de networking e reunións individuais entre empresas e cos prescriptores e relatores participantes, o día 26 de Outubro 2021 no Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela).
I Semana Internacional Contract Galicia. Muxía 2021. Gravación Evento.
O Igape convoca 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.
21/07/2020 data fin de prazo de solicitudes.
Próximas convocatorias: