Iniciativa da Comisión Europea para impulsar a internacionalización das pemes

 

A iniciativa «Elaboración interactiva de políticas» (Interactive Policy Making ou IPM) consta de dous instrumentos, accesibles a través de Internet, grazas aos cales a Comisión pode coñecer o sentir dos cidadáns, os consumidores e as empresas e ter en conta as súas experiencias. Este coñecemento adicional dende a base axuda a concibir novas políticas e mellorar as existentes.

O mecanismo de consulta en liña permite crear cuestionarios estructurados que os interesados poden responder por Internet e, deste modo, recoller opinións e observacións sobre problemas concretos relacionados cunha política.