Base de datos á que poden acceder profesionais co perfil e formación orientados á internacionalización empresarial co fin de difundir esta información entre o tecido empresarial galego e canalizar a oferta e a demanda de persoal especializado deste tipo.
Consulta da base de datos de xestores de internacionalización
* No caso de que algunha empresa ou organismo galego desexe contactar con algún xestor, deberá cubrir a ficha de consultas de internacionalización, validándose no formulario, indicando -datos da consulta-, os números de identificación dos xestores nos que está interesado, os datos de contacto e unha descrición da oferta de traballo que lle será enviada polo IGAPE a cada xestor, a efectos de que éstos, de estaren interesados na oferta de traballo, se comuniquen directamente coa empresa ou organismo.
* Para soliciata a inscrición na bolsa de traballo e necesario validarse como usuario da web no formulario.
* Para actualizar o perfil de Xestores enviar un mail cos novos datos do CV a
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
* Poden formar parte desta bolsa de traballo as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Contar con titulación universitaria ou coa titulación de formación profesional de técnico superior en comercio internacional ou con certificado de profesionalidade de comercio exterior ou comercio internacional.
- No caso de que a titulación universitaria non sexa especÃfica de comercio internacional deberá acreditar a lo menos unha das seguintes condicións:
- Acreditar ter sido beneficiaria dalgunha bolsa de prácticas de postgrao en internacionalización empresarial por un perÃodo igual ou superior a 6 meses, en organismos públicos nacionais ou estranxeiros, dentro do ámbito da internacionalización empresarial.
- Acreditar formación especÃfica en comercio internacional (máster, curso de postgrao ou similares). Admitiranse só cursos completos nesta materia de duración igual ou superior a 140 horas. Esta formación enténdese acreditada para os FP técnicos superiores en comercio internacional e para os candidatos titulados universitarios que posúan titulacións enfocadas primordialmente ao comercio internacional
- Acreditar experiencia laboral igual ou superior a 12 meses na categorÃa profesional que corresponda coa titulación esixida e relacionada coa internacionalización empresarial.
Para a incorporación á empresa destes profesionais pódese solicitar a axuda para á contratación de xestores de internacionalización 2021-2022. Consulte condicións destas axudas e apertura de convocatoria.
Temas relacionados: