XesGalicia é a sociedade xestora de entidades de capital risco.
A través dela, as empresas poden encontrar financiamento para os seus proxectos mediante participacións no seu capital social ou a través de préstamos participativos que poden converterse en capital. O único requisito á hora de presentar unha solicitude, é que sexan empresas non financeiras cuxos valores non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores.
Servicios
- Na fase de captación de investimentos, XesGalicia pode intervir para facilitar:
- A busca de socios potenciais. Información sobre chan industrial.
- Información sobre axudas institucionais para cada proxecto.
- Acordos de cooperación entre empresas.
- Operacións con outros fondos ou SCR
- Nas empresas participadas, XesGalicia intervén tanto como asesora do proxecto como axente nos órganos de administración.
XesGalicia xestiona os seguintes fondos deseñados para emprendedores e empresas galegas:
- Dirixido a empresas con alto potencial de crecemento e desenvolvemento: SODIGA
- Dirixido a empresas constituídas e viables, que precisen apoio para salvar ou evitar unha dificultade temporal. Adiante 2000 FCR
- Dirixido a impulsar proxectos empresariais innovadores, iniciativas emprendedoras ou relacionadas coa tecnoloxía. Galicia Compite FICC
- Dirixido a fomentar o espírito emprendedor. Galicia Iniciativas Emprendedoras, FICC
- Dirixido a impulsar proxectos empresariais de marcado carácter innovador e cunha probada capacidade de xestión. Galicia Innova Tech, FICC