Misión e obxectivos

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia, adscrita á Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, para o desenvolvemento económico de Galicia.

A misión do IGAPE é a de apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento empresarial.
Os obxectivos que pretende levar a cabo pódense concretar en:

  • Impulsar a creación de novas empresas e fomentar decididamente o espírito emprendedor.
  • Incrementar a competitividade das empresas galegas a través da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
  • Atraer investimento a Galicia.
  • Facilitar a internacionalización.
  • Apoiar a cooperación e os proxectos colectivos de empresas galegas.

 

Compartir en redes sociais

Tamén lle pode interesar