O Igape forma parte de Galactea Plus o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 40 países.
A cooperación de empresas e agrupacións de empresas, tanto entre elas coma con outras entidades ou coa administración, é un proceso de suma de esforzos, recursos e talento para reducir gastos e riscos na execución de proxectos comúns. Esta colaboración constitúe unha vía especialmente valiosa para reducir tempos no acceso a novos mercados e para lograr con maior celeridade os obxectivos previstos.