Enterprise Europe Network: Galactea Plus

O Igape forma parte de Galactea Plus o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 40 países.

Obxectivos

  • Mellorar a posición das empresas galegas no mercado interior europeo.
  • Incrementar a competitividade das empresas galegas a través do fomento da innovación e a cooperación promovendo sinerxías entre socios.
  • Difundir entre as empresas galegas as oportunidades que ofrece o mercado único europeo e asesoralas naqueles aspectos necesarios para actuar a nivel comunitario.
  • Transmitilo á Comisión Europea as opinións e os intereses das empresas.
  • Aumentar o número de socios do noroeste español nas propostas de programas europeos e en particular do VII Programa Marco.


Servizos

  • Información e asistencia a empresas en temas comunitarios: acceso a novos mercados, lexislación, fiscalidade, propiedade intelectual, normas técnicas, normativa da UE, programas comunitarios.
  • Promoción da cooperación empresarial: xestión e difusión de ofertas e demandas comerciais, busca de socios, promoción de encontros empresariais e información sobre mercados europeos.
  • Apoio á transferencia de tecnoloxía: asesoramento en todas as etapas do proceso de transferencia de tecnoloxía (identificación e difusión de oportunidades, asistencia técnica, busca de financiamento).
  • Apoio á participación en programas europeos. Asesoramento en todas as etapas de elaboración dunha proposta: identificación de ideas, identificación de socios, asistencia técnica e busca de financiamento.

Si su empresa está interesada en difundir una oferta de cooperación, debe enviar al Igape, la solicitud de cooperación que encontrará en el link inferior  debidamente cubierta, firmada y sellada. Para más información no dude contactar con nosotros y visitar la web del proyecto:

www.galacteaplus.es
www.galacteaplusexpress.info

 

Compartir en redes sociais

A cooperación de empresas e agrupacións de empresas, tanto entre elas coma con outras entidades ou coa administración, é un proceso de suma de esforzos, recursos e talento para reducir gastos e riscos na execución de proxectos comúns. Esta colaboración constitúe unha vía especialmente valiosa para reducir tempos no acceso a novos mercados e para lograr con maior celeridade os obxectivos previstos.