ECICII: Impulso e captación da inversión internacional na eurorrexión de Galicia - Norte de Portugal

LogosECICII

O promotor do proxecto é o Instituto Galego de Promoción Económica en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Confederación Empresarial de Ourense, Associação Empresarial de Portugal e a Associação Empresarial de Viana do Castelo.

Obxectivos

O proxecto ECICII pretende promover a intensificación e diversificación das relacións entre empresas e asociacións empresariais da Eurorregión Galicia- Norte de Portugal de cara a explorar oportunidades de negocio conxuntas. Así, cun maior aproveitamento das sinerxías derivadas da relación Galicia-Portugal, preténdese tamén conseguir vantaxes competitivas que poderán ser aproveitadas tanto para incrementar o grao de internacionalización das empresas da Eurorregión, coma para xerar unha maior atracción de investimentos estranxeiros a Galicia e ao Norte de Portugal.

Actividades e servizos

Para conseguir este obxectivo, as entidades que conforman o partenariado de ECICII poñeranse en marcha unha serie de actividades, agrupadas en cinco bloques:

  • Vixilancia e estudos de mercado.
  • Capacitación de profesionais para a internacionalización.
  • Cooperación empresarial e institucional.
  • Creación dunha estrutura conxunta que impulse a internacionalización.
  • Promoción da Eurorregión.

As actividades incluídas en cada un dos bloques tradúcense á súa vez en servizos, tanto para as pemes da Eurorregión con vocación de internacionalización coma para os potenciais investidores estranxeiros.

Temas relacionados:

Compartir en redes sociais