PASO 1: Entrar coma usuario rexistrado na web do IGAPE
Para iso:
Acceda ó apartado "oficina virtual" da web do igape. Pulse no boton "confeccion de solicitudes cuestionarios"
Introduza o seu identificador de usuario e contrasinal nos cadros de texto preparados para elo e pulse entrar. Se non é usuario da web do Igape pulse "Rexistrar novo usuario"
PASO 2 (optativo): Comprobar os requirimentos técnicos da aplicación.
Se desexa comproba-los requerimentos do seu ordenador para utlizar a aplicación, pulse en "Comprobar requirimentos técnicos" antes de acceder á aplicación.
PASO 3: Acceder á aplicación para cubrir o cuestionario.
Para elo debe introducir inicialmente o CIF e Nome da empresa para a que vai a presentaro o expediente, e logo crear un proxecto novo para ela.
Unha vez creado o proxecto debe introduci-los datos do mesmo no cuestionario. O cuestionario ten un Ãndice á esquerda en forma de árbol no que pode ver qué fichas están correctas ou cales necesitan o aporte de datos.
Cando o cuestionario esté completo poderá xera-lo Identificador de Documento Electrónico (IDE), e mai-la solicitude de axuda.
PASO 4: Presenta-la solicitude de axuda ó IGAPE
A solicitude de axuda que lle entrega a aplicación debe asinarse e presentarse no rexistro do IGAPE, ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (outros rexistros, correo certificado, etc).
Se dispón dun certificado electrónico (ver máis información na páxina de "Tramitación Telemática"), poderá desde a mesma aplicación presentar con total validez a súa solicitude de axuda.