A documentación relacionada a continuación pode ser de utilidade para atopar os datos que se piden no cuestionario. Teña en conta que esta documentación non é necesario en ningún caso entregala coa solicitude, e aparece aquà únicamente como axuda:
- Alta censal e altas en IAEs
- Información económica:
- Autónomos: IRPF último exercicio
- Sociedades: Imposto de Sociedades ou Contas depositadas en rexistro mercantil correspondentes ó último exercicio pechado (para iniciativas de viabilidade, deberán ser dos dous últimos exercicios)
- Emprego (só sei alegará creación de emprego indefinido): Certificación da TXSS do emprego a data de solicitude.
- Escrituras (só para Sociedades): para a toma de datos de composición do accionariado ou partÃcipes no capital. Se a empresa participa noutras, ou está participada por outras en porcentaxes iguais ou superiores ó 25%, recoméndase a recopilación de datos económicos e de emprego de todas elas.
- Aquela documentación (memoria, planos, presupostos, etc) que permita unha definición detallada e compreta do proxecto a executar.
- En caso de investimentos por traslado de empresa dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, cando as instalacións a abandonar foran propiedade da empresa ou dos seus socios maioritarios: Informe de tasación das instalacións a abandonar emitido por sociedade de tasación homologada.
- No caso de adquisición de terreo en polÃgonos de promoción privada, homologación obtida polos promotores do polÃgono, emitida pola ConsellerÃa de PolÃtica territorial, obras públicas e vivenda.
- No caso de gastos financeiros ligados ó investimento: borradores de póliza de préstamo.
- No caso de manifestar outras axudas solicitadas ou concedidas, referencia da lexislación aplicable e, no seu caso, resolución de concesión.