Bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das explotacións leiteiras, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Igape, as entidades financeiras e as SGR Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento bonificado dirixido ás explotacións leiteiras galegas, co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira:
Liña 1. Refinanciamento de pasivos.
Liña 2. Apoio ao circulante.
Bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial (Liña Equipos Produtivos), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020
Bases reguladoras das axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial (Liña Xeradores de Emprego), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
Ao obxecto de complementar os instrumentos de financiamento público existentes no mercado, o Igape pon a disposición das empresas galegas estes recursos en dúas modalidades diferenciadas:
- Préstamos Igape-BEI-Circulante: Destinados a proporcionar unha base de capital circulante estable que permita as empresas fortalecer a súa estrutura financeira e acometer plans de crecemento. Pagamento de provedores por aprovisionamento de mercadorías, acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións, gastos de persoal, impostos e tributos, gastos financeiros asociados á operativa, e primas de seguros en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
- Préstamos Igape-BEI-Investimento: Facilitar financiamento destinado a investimentos en Galicia, con carácter complementario ao financiamento privado
Fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de correxir os desequilibrios territoriais existentes.
Prazo aberto ata a derogación expresa da axuda