A mellora da competitividade empresarial mediante a formación do seu capital humano a través de proxectos propostos por organismos intermedios e dirixidos a colectivos de empresas galegas.
- Preguntas máis habituais recibidas no servizo de información do IGAPE.
JEREMIE, é unha iniciativa da Comisión Europea desenvolvida xunto co Fondo Europeo de Investimentos. A súa finalidade é promover o uso de instrumentos de enxeñaría financeira para mellorar o acceso das PEMES ao financiamento a través das intervencións dos Fondos Estruturais. Esta iniciativa permite utilizar parte dos Fondos Estruturais europeos asignados para investir en instrumentos reembolsables como fondos de capital risco, de préstamo ou de garantía.
“Co obxecto do seu xeral coñecemento, comunícase que o Consello de Dirección do Igape, ante a limitación de recursos considerou oportuno establecer uns criterios internos obxectivos que permitan restrinxir o importe máximo dos préstamos naqueles proxectos con menor puntuación, que permita realizar un reparto máis equitativo, diversificar o risco e favorecer aos proxectos de menor dimensión.
De acordo ao anterior, aqueles proxectos que teñan unha puntuación inferior a 60 conforme aos criterios establecidos no artigo 7.2 das Bases Reguladoras, o préstamo máximo será de 500.000 €, máis un máximo adicional de 200.000 € para proxectos a desenvolver nos territorios dos “Plans Impulsa” (Provincias de Lugo, Ourense, e municipios das comarcas da Costa da Morte, e de Ferrol, Eume e Ortegal).
Este acordo ten efectividade desde o 31 de marzo de 2016.”
Prazo aberto ata a derogación expresa da axuda