Os interesados nos programas do Igape poden facer as súas consultas a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , pedir información a través do Servizo de Atención Telemática (902 300 903) ou ben dirixirse a calquera das nosas oficinas territoriais

Subvencións para o estímulo á posta en marcha de proxectos de investimento empresarial coa finalidade de dinamizar a actividade económica en Galicia , favorecento o desenvolvemento equilibrado do territorio.
• Liña de axuda ao investimento empresarial superior a 200.000,00€. (Procedemento IG100).
• Liña de axuda para proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego cun investimento subvencionable superior a 100.000,00€ (Procedemento IG101).
A promoción dos investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego, favorecendo ao mesmo tempo o desenvolvemento equilibrado do territorio, é un dos obxectivos fundamentais do IGAPE.
O instituto promove as actividades xeradoras de emprego favorecendo a implantación de proxectos a partir de 500.000 euros (200.000 euros para proxectos a implantar en zonas de plans especiais), mediante a Base de Investimentos, que concede subvencións a fondo perdido compatibles cos apoios previstos na Lei de incentivos rexionais do Ministerio de Economía, tamén xestionados dende o IGAPE.
Programa de fomento do desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais de investimento en Galicia, co obxectivo de corrixir os desequilibrios territoriais existentes.
Prazo aberto ata a derogación expresa da axuda