Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras (FGIE)

O fondo constituído polo Igape, Xesgalicia e Gain quere contribuír ao fomento do espírito emprendedor e apoio financeiro a iniciativas emprendedoras.

I. Requisitos para acudir ao Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras (FGIE)

  • Sociedade mercantil cunha data de constitución non superior a 42 meses no momento da solicitude do fondo
  • Proxecto innovador. Innovación de produtos/servizos e/ou procesos. Non é necesario que sexan proxectos tecnolóxicos.
  • Proxecto con potencial de crecemento e capacidade potencial de internacionalización.
  • Proxecto realista, viable técnica, comercial e financeiramente.
  • Capacidade técnica e de xestión dos emprendedores e/ou equipo directivo.
  • Proxecto invertible, proposta interesante para investidores, entidades financeiras e/ou outras empresas.

II. Características do Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras (FGIE)

O FGIE estrutúrase en 3 tramos diferentes en función das necesidades financeiras totais do proxecto empresarial nos 18 meses posteriores a la solicitude do mesmo.
En función do tramo as necesidades de achegas de capital social por parte dos promotores e as cuantías ata as que pode chegar o FGIE varían.

A achega do FGIE ao proxecto pode constituírse mediante un préstamo participativo na empresa e/ou por unha participación no capital.

A seguinte táboa presenta un esquema dos distintos tramos de necesidades financeiras do proxecto:

Necesidades financeiras totais do proxecto (F) de 0 a 18 meses Achega mínima de socios/investidores privados Participación do Fondo no proxecto
Tramo I
35.0000€ < F <= 125.000€
30% Ata o 45%
(Máximo 56.250 €)
   
Tramo II (*)
125.0000€ < F <= 250.000€
35% Ata o 40% (**)
(Máximo 100.000 €)
   
Tramo III
250.0000€ < F <= 500.000€ 
35% Ata o 30%(***)
(Máximo 150.000 €)
   
Entidade financeira //
Outros organismos
É necesaria para completar as necesidades de financiamento totais do proxecto

 

(*) Se hai cofinanciamento aprobado en ENISA ata 300.000 €
(**) Para alcanzar o 40% debe de contar coa aprobación da Axencia Galega de Innovación. No caso contrario o máximo será do 35%
(***) Para alcanzar o 30% debe de contar coa aprobación da Axencia Galega de Innovación. No caso contrario o máximo será do 25%

En ningún caso a suma de financiamento público poderá superar o 75% do proxecto.

III. Características das operacións do fondo

Considéranse as condicións seguintes como referencia:

  •  Euribor a 3 meses + 4%
  •  Amortización en 6 anos
  •  Máximo de 2 anos de carencia

IV. Proceso de solicitude do Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras

  • Inscribirse na Unidade Galicia Emprende (UGE) e realizar o modelo de plan de empresa a partir do índice da UGE.
  • Enlace Web da UGE: http://galiciaemprende.igape.es/hgpyme/index.php
  • Elaborar o plan de emrpesa e o plan económico financeiro

 

Posteriormente dende a Unidade xestionarase e realizarase

  • Un pre-informe de viabilidade do proxecto
  • Un informe de GAIN sobre o grao de innovación do proxecto
  • Un informe de viabilidade do proxecto,

V. Procedemento para a tramitación do préstamo e seguimento unha vez formalizado

  • Presentación do proxecto no Comité de investimentos.
  • Presentación do proxecto no Consello de Administración, para proxectos encadrados no tramo II e III.
  • Formalización do préstamo.
  • Proceso de seguimento.
  • Proceso de desinvestimento

VI. Garantías e avais requiridos

  • O fondo para o tramo I non require garantía (máxima cantidade concedida de 56.250 €).
  • O fondo para o tramo II non require garantías (máxima cantidade concedida de 100.000 €).
  • Pódense solicitar garantías para o tramo III (máxima cantidade concedida de 150.000 €).

CabeceraDocumentosPeq

Compartir en redes sociais