A Guía do Emprendedor, elaborada polo IGAPE, é unha ferramenta que recolle os aspectos a ter en conta á hora de converter unha idea empresarial nun negocio.
Entre outras informacións, o emprendedor poderá encontrar información sobre a elección da forma xurídica, o plan de empresa, o plan económico-financeiro e sobre instrumentos de financiamento.