Facilitar aos emprendedores, autónomos e persoas xurídicas, con tamaño de microempresa, o acceso a microcréditos, destinados ao financiamento dos seus proxectos de investimento.
O crecemento económico está indiscutiblemente asociado á capacidade do tecido produtivo para ofertar produtos atractivos e a unha produción máis eficiente, de xeito que en suma sexa unha oferta competitiva, é dicir, elixible polo cliente.
O tecido empresarial galego debe avanzar cara a unha economía cada vez máis baseada no coñecemento, tanto sectores punteiros e con capacidade para crear valor engadido e emprego, como na reinvención dos sectores mais maduros e tradicionais que deben avanzar cara unha nova concepción que lles permita seguir sendo elixidos polos clientes no futuro.