Regular as axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras, para promover o desenvolvemento económico mediante o fomento da innovación e a cooperación en distintos sectores da actividade económica en Galicia, con estruturas xurídicas que representen a estas agrupacións clúster.
A cooperación de empresas e agrupacións de empresas, tanto entre elas coma con outras entidades ou coa administración, é un proceso de suma de esforzos, recursos e talento para reducir gastos e riscos na execución de proxectos comúns. Esta colaboración constitúe unha vía especialmente valiosa para reducir tempos no acceso a novos mercados e para lograr con maior celeridade os obxectivos previstos.