Activa Industria 4.0

programa-activa-industria-4-0-asesorara-empresas-sector-sobre-transformacion-digital

A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, colabora coa Secretaria General de Industria y de la PYME (Ministerio de Industria, Comercio y Turismo), a través da EOI, para impulsar a transformación dixital da industria galega, incrementando o valor engadido industrial e o emprego cualificado no sector e favorecendo un modelo propio para a industria do futuro. Promóvese o desenvolvemento da oferta local de solucións dixitais como pancas competitivas para a industria galega e para impulsar as súas exportacións.

A actuacións de apoio á implantación IC4.0 realizaranse a través do programa ACTIVA de Asesoramento especializado e personalizado para empresas industriais (CNAE da 10 á 32). Este asesoramento lévano a cabo entidades acreditadas con experiencia en implantación de proxectos de Industria 4.0. Como resultado, as industrias terán un diagnóstico da súa situación actual e un plan de transformación que identifica as actuacións prioritarias nese proceso de transformación, para definir un itinerario da súa implantación.

Prazo de solicitude: ampliado ata o 30 de setembro de 2019.

Ligazóns relacionadas:

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios