Debe de terse sempre en consideración que o “éxito” dun proxecto empresarial non está validado ou garantido pola viabilidade do plan de empresa, senón que depende fundamentalmente do proceso de implantación e consolidación do mesmo e, moi especialmente, da persoa ou persoas que levan a cabo todo esta labor, é dicir o promotor ou promotores da empresa.
Sen embargo un bo plan de empresa reducirá a incertidume sobre a decisión de por en marcha ou non un proxecto empresarial, e sobre todo, facilitará esta posta en marcha, servindo de referente e orientación, especialmente nos primeiros meses.
A viabilidade que se procura determinar elaborando un plan de empresa desagrégase habitualmente en:
• Viabilidade técnica e legal
• Viabilidade comercial
• Viabilidade económica
• Viabilidade financeira
No análise de cada unha destas áreas o plan de negocio debe de ofrecernos respostas satisfactorias relativas a cuestións como as seguintes:
• Viabilidade técnica e legal
o O proxecto dispón dos recursos humanos e materiais para prestar ou fabricar os servizos/produtos?
o O promotor/es coñece o proceso de produción ou de prestación do servizo?
o A empresa conta e ten acceso aos aprovisionamentos necesarios?
o O proxecto recolle a normativa que afecta á actividade da empresa?
o O marco legal e administrativo permite o desenvolvemento da actividade?
o ….
• Viabilidade comercial
o O proxecto recolle información sobre como é o mercado: tamaño, cultura, ámbito xeográfico…?
o O proxecto recolle información sobre os clientes: quen son, como son, que dexesan..?
o O proxecto recolle información sobre cómo se chegará aos clientes?
o O proxecto explica cal é o valor que se aportará aos clientes cos produtos/servizos que se comercializarán?
o O proxecto recolle información sobre a competencia: quen é, que fai, cales son os puntos fortes e febles…?
o ….
• Viabilidade económica
o Coñécese os prezos aos que está previsto vender os produtos/servizos
o Está indicada unha estimación de unidades vendidas para os primeiros anos de actividade?
o Coñécese os custes variables para realizar esas ventas e o marxe que teñen os distintos produtos/servizos?
o Coñécense os custes fixos?
o ….
• Viabilidade financeira
o Coñécense ás necesidades de diñeiro: investimento, fondo de manobra…?
o Coñécense a dispoñibilidade de diñeiro e as necesidades de financiamento alleo?
o Están previstas as fontes de financiamento alleo e os seus custes?
o Coñécense os prazos medios de cobro e de pago para a actividade?
o ….
A decisión sobre a posta en marcha. É un bo negocio?
Non existe un momento determinado ou un conxunto de datos que nos permitan tomar esa decisión duna forma obxectiva. O proceso de creación da empresa baséase nesta fórmula:
Decisión=Información+Risco
No momento de afrontar a decisión de por en marcha a empresa, canto maior sexa o nivel de información menor será o grao de risco que se asume con esta decisión. Sen embargo sempre existirá un grao de risco implícito na creación dunha empresa.
Información. Pódese incrementar a información dispoñible para determinar a viabilidade con outros elementos ademais do plan de negocio
• Opinións de expertos no sector
• Estudios sectoriais especializados
• Estudios de tendencias
• Opinións de empresarios do sector
• …
Risco. Reflexionar sobre os riscos axuda a contextualizalos e mesmo a reducilos
• Risco de perdas patrimonais (diñeiro, propiedades..)
• Risco de carreira ou de custe de oportunidade
• Dificultades para deixar a actividade se as barriras de saída son elevadas
• Temor a equivocarse
• …
Quen toma a decisión
A decisión sobre a posta en marcha da empresa é do promotor/es do proxecto, ninguén pode reemprazalo neste proceso, pero o emprendedor ou o seu equipo poden apoiar esta decisión en diferentes elementos como por exemplo:
• Un plan de empresa no cal se poida aprecia o potencial de viabilidade
• Opinións favorables de clientes
• Demanda de compra por parte dos clientes
• Apoio por parte de proveedores
• Informes favorables de entidades bancarias
• Informe de viabilidade favorable da administración
• ….
E se o proxecto non é viable?
Se finalmente se considera que a idea e modelo de negocio previsto non é viable caben dúas posibilidades
• Reorientar o proxecto. Buscando dentro do mesmo a forma de facelo viable. Por exemplo cun menor investimento que o faga viable financeiramente, ou contando co apoio dun socio con experiencia no sector.
• Abandonar o proxecto e desenvolver un novo modelo de negocio aproveitando os coñecementos adquiridos no proceso previo.
Unidade Galicia Emprende. Servizo de titoría
O IGAPE a través da Unidade Galicia Emprende pon a disposición dos emprendedores un equipo de titores que os acompañarán no proceso de elaboración do plan de empresa facilitándolle asesoramento e orientación na redacción e avaliación do seu proxecto empresarial.
Para solicitar este servizo é necesario entrar no portal da Unidade Galicia Emprende, rexistrarse e demandar o apoio para a elaboración do plan de empresa.
Recursos e ferramentas para elaborar o plan de empresa
O IGAPE, conta cunha serie de recursos que poden consultarse e empregarse para poder elaborar o plan de empresa e xestionar a súa posta en marcha:
• Índice de plan de negocio
• Índice de plan de negocio resumido
• Ferramenta para elaborar o plan económico e financeiro. Programa Viable2020
• Manuais para emprendedores
• Exemplos de plan de negocio
• Puntos de asesoramento empresarial para tramitar a creación da empresa
Dous dos obxectivos fundamentais do plan de empresa son o de facilitar a avaliación sobre a potencial viabilidade e rentabilidade do proxecto, e o de servir como “carta de presentación” ante terceiros, por elo temos que ter en consideración os seguintes aspectos no momento de afrontar a súa redacción:
• Coherencia. O plan de empresa debe de ser coherente entre todas as partes que o configuran. O equilibrio e a relación entre os distintos apartados (recursos materiais, ventas, recursos humanos, plan de comunicación, custes fixos…etc) aportará un gran valor ao documento xa que lle dará credibilidade.
• Homoxéneo. Todos os apartados deben de ser analizados por igual e cun grado de calidade similar, é habitual desenvolver en profundidade o apartado técnico da empresa –o que como promotor se coñece en maior profundidade- e descoidar aspectos como a comercialización ou as estimacións económicas.
• Calidade da información. Os datos sobre os que constrúe o plan deben de ser actuais, e na medida do posible, verificables .
• Conciso. O plan de empresa non debe de ser moi extenso sen que isto implique perda de rigorosidade.
• Interesante. No posible o plan de negocio debe de chamar a atención do lector, e transmitir confianza no proxecto.
Elementos que analiza un plan de empresa
O equipo promotor dun proxecto empresarial pode atopar distintos exemplos e índices de plan de empresa nos que basarse no momento de elaborar o seu proxecto. O importante non a orde en que determinado índice organice a presentación da información, senón que nel se recollan os aspectos fundamentais que deben de estar presentes nun plan de empresa.
• Resumen executivo
O resumen executivo pode estar incluído no plan de empresa ou presentarse como un documento independente. A súa redacción faise unha vez finalizamos o plan de negocio.
O obxectivo do resumen executivo é o de explicar, clara e brevemente, en qué consiste a idea de negocio e atraer a atención do lector, espertando o seu interese polo proxecto e/ou polo promotor.
Os elementos que debe de recoller un resumen executivo son os seguintes
• Equipo promotor
Describir o perfil académico, laboral e empresarial do equipo promotor destacando aqueles aspectos que estean directamente relacionados co sector no cal desenvolverá a súa actividade a empresa. Outros aspectos de interese son cómo xurdiu o proxecto e o grao de vinculación do promotor co mesmo.
• Actividade da empresa
Describir a que se dedicará a empresa, que vai a facer e para quen o fará. A empresa resolverá un “problema” para os clientes, e o fará dun xeito diferente ao dos produtos ou servizos da competencia. Explicarase cal é esta solución e o elemento diferenciador dista solución.
• Proceso produtivo
Describir os elementos ou fluxos que fan posible e condicionan a realización da actividade da empresa (infraestructuras, equipos, recursos, normativa..etc).
• Mercado
Definir o mercado ao que accederá o produto e/ou servizo ofertado pola empresa, o seu tamaño, a súa evolución nos últimos anos e como son as súas expectativas no futuro.
Describir os rasgos fundamentais que definen aos segmentos de clientes, os seus hábitos de consumo e os motivos de compra do produto e/ou servizo. Fixaranse as previsións de ventas desagregadas por liñas de produto ou servizo.
• Comercialización
Explicar cales son os criterios a seguir para determinar os prezos unitarios de venda.
Describir como se vai a dar a coñecer e vender entre os potenciais clientes os produtos/servizos que ofrecerá a empresa e determinar as canles de comercialización e distribución que se van utilizar.
Definir os obxectivos de comunicación e a mensaxe que se quere transmitir da empresa sobre aspectos como a súa identidade, a publicidade ou a promoción de ventas
• Aspectos formais
Indicar os requisitos, fundamentalmente de tipo administrativo, necesarios para poñer a empresa en funcionamento (Facenda, Municipio, Seguridade Social...).
Definir a forma xurídica elixida para desenvolver a actividade.
• Recursos humanos
Determinar a dimensión do cadro de persoal, as súas funcións e responsabilidades, tanto dos promotores como dos traballadores por conta allea –de selo caso-, os sistemas de coordinación e organización, os criterios para determinar a selección e contratación de persoal e a política salarial.
• Análise DAFO
Analizar as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da empresa desenvolvendo un DAFO da mesma.
• Planificación
Indicar os requisitos, fundamentalmente de tipo administrativo, necesarios para poñe-la empresa en funcionamento (Facenda, Municipio, Seguridade Social...).
• Plan económico e financeiro
Explicar e detallar os elementos que permiten analizar a viabilidade económica e financeira do proxecto: Investimentos necesarios, fontes de financiamento, ingresos, custes variables, custes fixos, política de circulante, punto de equilibrio, conta de resultados previsionais, balance e previsión de tesourería.
Cal é o horizonte temporal dun plan de empresa?
O máis habitual é que o plan de empresa se elabore a 3 ou 5 anos.
O IGAPE conta con 32 exemplos de plan de negocio nos cales se desenvolve un proxecto empresarial de forma íntegra, mostrando unha análise da viabilidade técnica, comercial, financeira e económica da futura empresa, co obxectivo final de presentar un documento, que sen substituír o traballo específico do emprendedor, facilite información e sirva como referencia para o desenvolvemento do seu propio plan de empresa.
Ver e descargar os modelos de plan de negocio
Ferramentas para elaborar o plan de empresa
O IGAPE pon a disposición dos emprendedores unha serie de recursos que facilitan a elaboración do plan de negocio
• Índice de plan de negocio
• Índice de plan de negocio resumido
• Ferramenta para elaborar o plan económico e financieiro. Programa Viable2020
• Criterios para escoller a forma xurídica
Tras reflexionar e construír o modelo de negocio podemos continuar profundizando no proceso de análise do mesmo, coa elaboración do plan de negocio.
Qué é o plan de empresa?
Trátase dun documento no cal o promotor ou promotores do proxecto expoñen as reflexións que transforman a idea de negocio nun proxecto empresarial; describindo as estratexias que seguirá a empresa, as actividades que realizará e os medios previstos para levalas a cabo.
Obxectivos do plan de empresa
O plan de empresa encádrase dentro dunha máxima dos emprendedores nunha primeira fase do seu proxecto, na que é “mellor investir tempo que investir diñeiro”
Beneficios de elaborar o plan de empresa
• O plan de empresa é unha ferramenta para obter apoio e financiamento