Oportunidades de negocio no mercado da roupa e o calzado en Polonia
Oportunidade no mercado da roupa e o calzado en Polonia, mercados que sufriron unha profunda transformación durante os últimos anos. Un crecemento considerable no período 2007-2012, dun 1,7% anual para a roupa e un 0,7% para o calzado.
Polonia é un país principalmente importador de roupa e calzado, ten tradicionalmente un saldo comercial negativo nesta partida, aínda que este se foi reducindo ultimamente. Gran parte da súa produción local é exportada, maioritariamente a Alemaña, o seu primeiro socio comercial, e só 1/6 desta acábase comercializando no país. Os principais países provedores son Alemaña e China, aínda que España se situou na terceira posición en 2013, superando a Italia.
Fonte de información: Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Varsovia.