Oportunidades de negocio no mercado de pastelaría e panadaría industrial en Italia - 2014

 

 Oportunidades de negocio no mercado de pastelaría e panadaría industrial en Italia  

 

Oportunidade para a comercialización de alimentos do sector da panadaría e pastelaría industrial en Italia, o cal comprende un amplísimo abano de produtos que abrangue dende as galletas e a pastelaría envasada ata o pan industrial e os produtos substitutivos do pan, pasando polos produtos doce de festas, a bolería industrial e os snacks doce.

As importacións proveñen, principalmente, de Alemaña (35% do valor), Francia (18%), Austria (12%), Bélxica (7%) e Polonia (6%). España é o sexto provedor de Italia, cunha cota do 5,11% en valor e do 5,52% en volume. En 2012, as importacións italianas de produtos españois aumentaron un 16,8% en valor e un 12,2% en volume con respecto a 2011. A evolución dende 2008 rexistra datos aínda máis positivos: +38% en valor e +34,3% en volume.


Fonte de información: Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Milán.

 

_Italia _Alimentación

 

Compartir en redes sociais

Tamén lle pode interesar