Oportunidades de negocio no sector da pedra natural en Francia
Oportunidade para a exportación de pedra natural a Francia, sector no que España é o primeiro exportador en termos de valor con 146 millóns de euros en 2013 (163,1 millóns de euros en 2008), seguido de lonxe por Italia con 52,2 millóns de euros e China con 50,2 millóns de euros.
Francia é un país que malia ter unha gran tradición historicamente de construción con pedra natural na actualidade non utiliza este material a grande escala á hora de construír, usándose principalmente en arte funeraria, obra pública e hábitat, sobre todo de alto standing.
Fonte de información: Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España París.