Oportunidades de negocio no mercado do moble en Alemaña - 2014

 

Oportunidades de negocio no mercado do moble en Alemaña


O mercado alemán do moble viuse afectado pola crise nos últimos anos. Tanto importacións coma exportacións caeron, pero comezaron unha lenta recuperación en 2011. A pesar deste freo, o valor do mercado é moi importante: en 2013 estivo cifrado en 17.700 millóns de euros.

Ao igual que outros mercados europeos, o alemán é un mercado maduro no que a competencia é forte e leva anos asentada. Para ter éxito á hora de introducir un novo produto hai que ter en conta as características propias dos consumidores, cada vez máis preocupados pola harmonía estética, a practicidad, a cuestión ecolóxica e aspectos relacionados co aforro enerxético e económico.

Fonte de información: Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Alemania.

 

_Alemaña _Madeira e moble

Compartir en redes sociais

Tamén lle pode interesar