Oportunidades de negocio no mercado do viño en Dinamarca
O consumo per cápita de viño en Dinamarca é moi elevado se temos en conta que é un país non produtor (35 litros/ano) e aumenta de xeito constante dende os últimos 5 anos. O seu alto poder adquisitivo permítelles inclinarse polos viños de maior calidade. Nos últimos anos obsérvase un retorno pola preferencia de viños do vello continente, en detrimento dos viños do novo mundo, moi apreciados na última década.
Fonte de información: Mission Économique de la Embajada de Francia en Dinamarca.