Índice do artigo
Sociedades de Garantía Reciproca (SGR)
As Sociedades de Garantía Recíproca teñen como labores principais:
- Prestar ás pemes un aval solidario ante entidades de crédito, organismos públicos y entidades privadas.
- Negociar coas entidades de crédito e organismos públicos liñas de financiamento preferentes.
- Informar y asesorar ás pemes sobre a modalidade de financiamento mellores segundo as características de seu proxecto ou empresa.
Pódese informar en Afigal e Sogarpo.
Novas fórmulas de financiamento: Crowdfunding y Crowlendig
O crowdfunding consiste en que moitas persoas realicen pequenas achegas ó proxecto empresarial. Este sistema pode facerse mediante microdoazóns sen devolución; as achegas supoñen un dereito de compra de futuros productos (utilizado para la edición de libros, discos, etc.) e achegas con dereito a devolución cando o negocio funcione.
O crowdlending tamén consiste no financiamento de pequenos proxectos entre moitos investidores. Neste caso, tanto os proxectos como os posibles investidores se rexistran nunha plataforma en internet. Os investidores examinan os proxectos dispoñibles ofertando para cada un a cantidade que desexan prestar e o tipo de xuro que esixen pola súa achega. Mediante un mecanismo de puxa ordenanse as ofertas segundo o xuro pedido e vanse seleccionando as de menor retribución ata cubrir o total da cantidade solicitada.
Entidades financeiras
Existen no mercado unha relación importante de produtos financeiros en continuo cambio. Nesta exposición mencionaremos aqueles cos que traballan as pequenas empresas.
Préstamos a longo prazo.- Contrato mediante o cal a entidade financeira entrega unha cantidade de diñeiro para financiar a unha empresa. Esta debe comprometerse a devolver en cotas periódicas o principal prestado e uns xuros acordados no contrato.
Leasing.- Contrato de arrendamento financeiro con opción de compra dun ben moble o inmoble. Pode haber a seguintes operacións de leasing: a) Financeiro. A sociedade de leasing entrega o ben pero non o mantén; o cliente non pode rescindir o contrato unilateralmente; o remate da opción de compra o cliente poderá exercer ou non a opción de compra. b) Operativo. A sociedade de leasing se compromete a entregar o ben e a cambialo a medida que haxa no mercado modelos mais avanzados; neste caso o cliente pode rescindir o contrato unilateralmente. c) Lease –back. O ben arrendado é propiedade da empresa que o vende a sociedade de leasing para que a súa vez o volva a ceder en arrendamento.
Renting.- Contrato polo que a sociedade de renting pon a disposición do cliente un ben en arrendamento por un tempo determinado. O cliente deberá aboar unha cota que inclúe o uso do ben, o mantemento e o seguro ante posibles sinistros.
Préstamos a curto prazo.- Contrato mediante o cal a entidade financeira pon a disposición de unha empresa unha cantidade de diñeiro ata un determinado límite. A empresa debe comprometerse a devolver en cotas periódicas os xuros sobre as contías dispostas e a devolución do principal o remate do prazo pactado, polo xeral dun ano.
Desconto comercial.- Contrato mediante o cal a entidade financeira anticipa á empresa os efectos non vencidos de clientes que recoñecen unha obrigación de pago. A entidade financeira desconta do importe dos efectos unha cantidade en concepto de xuros en función do tempo entre o anticipo entregado e o vencemento do efecto. O desconto comercial pode representar unha liña de desconto, ou un desconto puntual.
Factoring.- Consiste en ceder a carteira de cobro a clientes dunha empresa a unha sociedade factor. O factoring facilita ás empresas converter as vendas en efectivo. A empresa cobra un xuro en función da calidade da carteira cedida para súa xestión de cobro.
Confirming.- Consiste en subcontratar a xestión de pago a provedores. Ofrecese a estes a posibilidade de cobrar antes do seu vencimento.
Avais.- Consiste no compromiso do avalista de responder da obrigación do avalado en caso de incumprimento. Establecense para contratar coa administración a execución de obras ou servizos, en contratos de arrendamento, aprazamentos de pago, etc.
Líñas ICO
O Instituto de Crédito Oficial é un banco público, adscrito ó Ministerio de Economía e Competitividade a través da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa
Préstamos Enisa
ENISA (Empresa Nacional de Innovación) dispón de varias liñas de financiamento para as pemes e novos emprendedores, e en especial de préstamos participativos.