O proceso de posta en marcha dunha empresa é unha parte laboriosa polo número de cuestións a atender. Por iso é preciso deseñar e trazar unha ruta con accións ordenadas e priorizadas de xeito temporal que sirva de guía para que non se esqueza ningunha importante e poder supervisalas. Para estas accións hai que fixar prazos, presentar orzamentos, definir indicadores e distribuír as responsabilidades da súa materialización.
Estas accións poden ser de constitución, de establecemento e introdución no mercado, de crecemento e expansión a outros mercados.
Os actos de constitución están relacionadas con trámites na notaría, Rexistro Mercantil, Axencia Tributaria, Facenda Autonómica , altas de autónomos na Seguridade Social, Oficina Española de Patentes e Marcas , Servicio Galego de Propiedade Industrial .
As actuacións de establecemento están relacionadas coa obtención de licenzas e rexistros especiais segundo a actividade en organismos da administración local e/ou autonómica, materialización do financiamento e apertura de contas, arrendamentos o adquisición de propiedade inmobiliaria, acondicionamento de espazos, outros investimentos, contratación de servizos básicos (auga, luz, comunicacións, gas, …), arquivos de datos na Axencia Española de Protección de Datos, contratos de traballo, inscripción da empresa na Seguridade Social, Consellería de Traballo , Rexistro Industrial para proxectos industriais e de instalacións, Rexistro da Propiedade Inmobiliaria , campaña de marketing, inscripcións en asociacións empresariais.
En canto as fases de consolidación, crecemento e expansión a outros mercados pode consultar os programas do Igape e o Instituto de Comercio Exterior.