Debe de terse sempre en consideración que o “éxito” dun proxecto empresarial non está validado ou garantido pola viabilidade do plan de empresa, senón que depende fundamentalmente do proceso de implantación e consolidación do mesmo e, moi especialmente, da persoa ou persoas que levan a cabo todo esta labor, é dicir o promotor ou promotores da empresa.
Sen embargo un bo plan de empresa reducirá a incertidume sobre a decisión de por en marcha ou non un proxecto empresarial, e sobre todo, facilitará esta posta en marcha, servindo de referente e orientación, especialmente nos primeiros meses.
A viabilidade que se procura determinar elaborando un plan de empresa desagrégase habitualmente en:
• Viabilidade técnica e legal
• Viabilidade comercial
• Viabilidade económica
• Viabilidade financeira
No análise de cada unha destas áreas o plan de negocio debe de ofrecernos respostas satisfactorias relativas a cuestións como as seguintes:
• Viabilidade técnica e legal
o O proxecto dispón dos recursos humanos e materiais para prestar ou fabricar os servizos/produtos?
o O promotor/es coñece o proceso de produción ou de prestación do servizo?
o A empresa conta e ten acceso aos aprovisionamentos necesarios?
o O proxecto recolle a normativa que afecta á actividade da empresa?
o O marco legal e administrativo permite o desenvolvemento da actividade?
o ….
• Viabilidade comercial
o O proxecto recolle información sobre como é o mercado: tamaño, cultura, ámbito xeográfico…?
o O proxecto recolle información sobre os clientes: quen son, como son, que dexesan..?
o O proxecto recolle información sobre cómo se chegará aos clientes?
o O proxecto explica cal é o valor que se aportará aos clientes cos produtos/servizos que se comercializarán?
o O proxecto recolle información sobre a competencia: quen é, que fai, cales son os puntos fortes e febles…?
o ….
• Viabilidade económica
o Coñécese os prezos aos que está previsto vender os produtos/servizos
o Está indicada unha estimación de unidades vendidas para os primeiros anos de actividade?
o Coñécese os custes variables para realizar esas ventas e o marxe que teñen os distintos produtos/servizos?
o Coñécense os custes fixos?
o ….
• Viabilidade financeira
o Coñécense ás necesidades de diñeiro: investimento, fondo de manobra…?
o Coñécense a dispoñibilidade de diñeiro e as necesidades de financiamento alleo?
o Están previstas as fontes de financiamento alleo e os seus custes?
o Coñécense os prazos medios de cobro e de pago para a actividade?
o ….
A decisión sobre a posta en marcha. É un bo negocio?
Non existe un momento determinado ou un conxunto de datos que nos permitan tomar esa decisión duna forma obxectiva. O proceso de creación da empresa baséase nesta fórmula:
Decisión=Información+Risco
No momento de afrontar a decisión de por en marcha a empresa, canto maior sexa o nivel de información menor será o grao de risco que se asume con esta decisión. Sen embargo sempre existirá un grao de risco implícito na creación dunha empresa.
Información. Pódese incrementar a información dispoñible para determinar a viabilidade con outros elementos ademais do plan de negocio
• Opinións de expertos no sector
• Estudios sectoriais especializados
• Estudios de tendencias
• Opinións de empresarios do sector
• …
Risco. Reflexionar sobre os riscos axuda a contextualizalos e mesmo a reducilos
• Risco de perdas patrimonais (diñeiro, propiedades..)
• Risco de carreira ou de custe de oportunidade
• Dificultades para deixar a actividade se as barriras de saída son elevadas
• Temor a equivocarse
• …
Quen toma a decisión
A decisión sobre a posta en marcha da empresa é do promotor/es do proxecto, ninguén pode reemprazalo neste proceso, pero o emprendedor ou o seu equipo poden apoiar esta decisión en diferentes elementos como por exemplo:
• Un plan de empresa no cal se poida aprecia o potencial de viabilidade
• Opinións favorables de clientes
• Demanda de compra por parte dos clientes
• Apoio por parte de proveedores
• Informes favorables de entidades bancarias
• Informe de viabilidade favorable da administración
• ….
E se o proxecto non é viable?
Se finalmente se considera que a idea e modelo de negocio previsto non é viable caben dúas posibilidades
• Reorientar o proxecto. Buscando dentro do mesmo a forma de facelo viable. Por exemplo cun menor investimento que o faga viable financeiramente, ou contando co apoio dun socio con experiencia no sector.
• Abandonar o proxecto e desenvolver un novo modelo de negocio aproveitando os coñecementos adquiridos no proceso previo.