O Igape forma parte de Galactea Plus o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 54 países.
Obxectivos
- Mellorar a posición das empresas galegas no mercado interior europeo.
- Incrementar a competitividade das empresas galegas a través do fomento da innovación e a cooperación promovendo sinerxías entre socios.
- Difundir entre as empresas galegas as oportunidades que ofrece o mercado único europeo e asesoralas naqueles aspectos necesarios para actuar a nivel comunitario.
- Transmitilo á Comisión Europea as opinións e os intereses das empresas.
- Aumentar o número de socios do noroeste español nas propostas de programas europeos e en particular do VII Programa Marco.
Servizos
- Información e asistencia a empresas en temas comunitarios: acceso a novos mercados, lexislación, fiscalidade, propiedade intelectual, normas técnicas, normativa da UE, programas comunitarios.
- Promoción da cooperación empresarial: xestión e difusión de ofertas e demandas comerciais, busca de socios, promoción de encontros empresariais e información sobre mercados europeos.
- Apoio á transferencia de tecnoloxía: asesoramento en todas as etapas do proceso de transferencia de tecnoloxía (identificación e difusión de oportunidades, asistencia técnica, busca de financiamento).
- Apoio á participación en programas europeos. Asesoramento en todas as etapas de elaboración dunha proposta: identificación de ideas, identificación de socios, asistencia técnica e busca de financiamento.
Casos de éxito servizos de asesoramento
Guía da Comisión Europea de apoio á Internacionalización das Pemes
Iniciativas da Comisión Europea para impulsar a internacionalización das pemes
No caso de ter interese en formar parte desta Rede, debe enviar ao Igape o seguinte formulario cuberto e asinado polo seu representante legal:
- Formulario de alta de empresas galegas na Enterpreise Europe Network
- Formulario de alta de organismos intermedios na Enterprise Europe Network
Como punto de partiida, elaboráronse fichas informativas deste tipo de programas nas que se especifica -entre outra información- o tipo de beneficiario e sector obxectivo:
- Ficha 1: Programa I+D+i HORIZONTE 2020
- Ficha 2: Programa I+D+i HORIZONTE 2020. INSTRUMENTO PYME
- Ficha 3: Programa I+D+i EUREKA
- Ficha 4: Programa I+D+i EUROSTARS-2
- Ficha 5: Programa I+D+i COSME
- Ficha 6: Programa I+D+i COST
- Ficha 7: Programa I+D+i ATLANTIC AREA
- Ficha 8: Programa I+D+i EURATOM
- Ficha 9: Programa I+D+i IBEROEKA
- Ficha 10: Programa I+D+i PROGRAMAS BILATERALES
- Ficha 11: Programa I+D+i POCTEP
- Ficha 12: Programa I+D+i SUDOE
- Ficha 13: Programa I+D+i PROGRAMAS DE INTERNACIONALIZACIÓN DE LA I+D+i
- Ficha 14: Programas I+D+i PROGRAMAS GALLEGOS DE I+D+i
- Fichas 15: Programa I+D+i EMPRENDETUR
Para máis información non dubide contactar connosco e visitar a web do proxecto:
www.galacteaplus.es
http://www.galacteaplusblog.com/