O mercado do viño en China (Fonte: ICEX)
China é, para o viño, un mercado aínda relativamente reducido, pero de alto potencial, cuxo funcionamento non responde aínda aos patróns dun mercado maduro e informado sobre prezos, variedades e calidades.
Malia iso adegas de todo o mundo tratan de vender o seu produto neste país o que está a aumentar a popularidade do produto. Non obstante, trátase dun mercado altamente competitivo e dende logo apto só para aquelas empresas xa con experiencia exportadora consistente e recursos para realizar apostas a longo prazo.