Guía País Arxentina (Fonte Observatorio Internacionalización)
Arxentina é un mercado de 40,1 millóns de habitantes. Trátase do terceiro país máis poboado de América Latina, cunha renda per cápita de 8.610 dólares en 2010. Tras cinco anos de forte crecemento económico (entre 2003 e 2007), a unha taxa media do 8%, a renda per cápita de Arxentina mellorara notablemente. Non obstante, en 2007 e 2008 este progreso pareceu estancarse e en 2009 houbo unha diminución da renda per cápita do 7%, como consecuencia do estancamento económico. En 2010, recuperouse cun crecemento do 12% respecto ao ano anterior.