Finalidade, facilitar o acceso das empresas galegas ás oportunidades de negocio derivadas das licitacións e adquisicións promovidas polos Organismos Multilaterais de Desenvolvemento (OMD).
O presente documento consta dos apartados seguintes licitacións internacionais, o financiamento multilateral para o desenvolvemento, o volume de contratación, as oportunidades que derivan das OMDs, os apoios da administración para o acceso da empresa galega ás licitacións internacionais, a posición de España e Galicia no mercado das licitacións internacionais, e a evolución da participación das empresas galegas no servizo de licitacións.