As empresas enfróntanse hoxe en día a un mundo globalizado e tremendamente competitivo. Xa non basta facer as cousas ben, hai que facelas de forma diferente para que a nosa proposta de valor chegue ao mercado. A innovación é unha necesidade para poder competir con garantías de éxito. Este libro explica ao lector o que e o porqué da innovación, á vez que lle facilita unha serie de consellos que lle permitan transformar a súa empresa nunha organización innovadora.
O autor
Juan Vicente García Manjón é Doutor en Tecnoloxías da Información e as Telecomunicacións, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e con estudos de posgrao en Marketing e en Xestión da Innovación Tecnolóxica.
Conta con 19 anos de experiencia profesional, desempeñando postos relevantes no mundo da empresa, dos organismos intermedios e da universidade.
Traballou como consultor e investigador en materia de innovación para numerosos organismos nacionais e internacionais. É avaliador de proxectos de I+D para a Comisión Europea dentro do VI e VII Programa Marco.