Web 2.0

Web-2-0A Web é, sen ningún lugar a dúbidas, o maior instrumento nivelador que desenvolveu a humanidade e unha panca incrible para potenciar a innovación e o avance de todas as disciplinas do saber. Dende a propiedade intelectual ou a forma de facer negocios ata a nosa privacidade, pasando polas relacións que temos cos nosos gobernantes, son conceptos que están a cambiar de forma para adaptarse á forza irresistible da comunicación instantánea entre persoas individuais de todo o mundo sen intermediarios nin filtros de ningún tipo.

Este libro axuda ao lector a comprender como a Web nos dá a posibilidade de ser iguais no acceso á información e ao coñecemento e na capacidade para crealo. E isto necesariamente ten que ser bo. Por moito que aínda existan problemas e lados escuros.

O autor

José Luis Marín de la Iglesia é Enxeñeiro de Telecomunicacións e Diplomado en Ciencias Empresariais. Actualmente cursa estudos de Posgrao en Enxeñería Informática no programa de Intelixencia Artificial e Sistemas Informáticos e de Grao en Administración e Dirección de Empresas.

Profesionalmente, despois dun breve período na Universidade, desenvolveu a súa carreira na consultora Gateway S.C.S. Dirixe a internacionalización da compañía e o lanzamento de servizos innovadores e escalables para o mercado global a través da web, tales como euroalert.net. Dende 1998 dirixiu múltiples proxectos de I+D+i todos eles no ámbito das tecnoloxías asociadas á Internet e en particular á web.

É coeditor do blog sobre tecnoloxía e economía da participación www.openeconomy.net e escribe sobre cidadanía dixital en "Mi casa en Internet". Participa en múltiples iniciativas relacionadas co impulso do software open source, a innovación e o coñecemento libre e aberto.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios