Start-ups

Start-upsPola súa novidade, a intensidade en I+D, a presión por ser pioneiras ou o curto ciclo de vida dos seus produtos, a xestión das start-ups afástase do patrón empresarial convencional, cuxas receitas estandarizadas non son válidas nin aplicables.

Comprender a idiosincrasia das start-ups, despexar incógnitas sobre elementos críticos da súa xestión e organización, así como apuntar camiños e estratexias conducentes a un mellor desempeño empresarial, son obxectivos que este libro aspira a cubrir dende unha perspectiva totalmente práctica e orientada á acción. Así, o lector atopará unha guía útil con propostas, recomendacións, advertencias e implicacións, encamiñadas a facilitar a adecuada xestión e impulsar o crecemento do formato empresarial máis innovador.

O autor

Isidre March Jordà é profesor no Departamento de Dirección de Empresas da Universitat de Valencia e ac­tualmente dirixe o Máster oficial en Creación e Xestión de Empresas Innovadoras e de Base Tecnolóxica. Pu­blicou máis de corenta artigos e o libro divulgativo sobre emprendedores Innovadores o vencidos (2010).

A súa especialización como analista da categoría empresa­rial obxecto deste libro, as start-ups e os seus fundadores, foise forxando ao longo de vinte anos de carreira co impulso de proveitosas estancias como investigador con­vidado en prestixiosas universidades como UC Berkeley en California, Université de Montréal, Babson College de Boston ou a University of Sussex do Reino Unido.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios