Faino distinto

Faino-distinto"Nunha escura tarde de inverno, Xaime afanábase en escribir nunha cuartilla, de forma precipitada e inconexa, as ideas que lle viñan á cabeza a gallarón. O que anotaba tiña moito que ver coa súa esencia e as súas vivencias,..." Así comeza a narración dunha historia que repasa a experiencia dun emprendedor, destacado pola súa capacidade innovadora.

Da man de Xaime abordaremos cambios en actitudes e comportamentos que poden achegarnos máis á felicidade e realización como persoas e profesionais e que poden sentar as bases dunha actitude positiva fronte ao cambio, unha actitude proclive á innovación nas nosas empresas.

Presentaranos a innovación como algo próximo e accesible, como un elemento poderoso para saír da marxinalidade e dar brío e impulso aos nosos negocios, como unha forma de facer as cousas de forma distinta, para situarnos fronte á competencia e ser máis competitivos.

O autor

Santiago Sousa Carreira é empresario e emprendedor dende hai quince anos. Presidente e CEO de Grupo Commoziona (www.commoziona.com), preside a Asociación de Marketing de Castela e León. Ademais, é membro do Comité de Dirección do MBA Internacional Hispano-Luso de CEU-San Pablo e imparte docencia no mesmo e no seminario "Lidera tu futuro" do MBA en Dirección de Empresa Familiar da Universidade de Salamanca.

Durante dez anos formou parte dos órganos de goberno de diversas organizacións de novos empresarios e emprendedores e participou en numerosas conferencias, mesas redondas e seminarios sobre emprendeduría e innovación.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios